SEGUIMOS COS TRABALLOS NO GRUPO ECOLÓXICO

O grupo ecolóxico non para. Os de 5º curso coidando e plantando margaridas e taxetes. Os de 6º preparando un anaquiño de horta para plantar rabaniños. Agora coa chegada da primavera todo vai medrar moi rápido. Recordade que todas as fotos do grupo ecolóxico están aquí

Advertisement

SEGUIMOS ÁS VOLTAS COS CHÍCHAROS

Este martes volvemos á horta, hai que aproveitar o bo tempo. Xa temos as patacas plantadas, tamén algúns chícharos. Desta vez estivemos transplantando os chícharos dos sementeiros. Con coidadiño sacámolos e fómolos plantando na zona dos chícharos. Xa vos iremos contando como evolucionan.

Tamén nos deu tempo a facer sementeiros de plantas ornamentais. É algo cedo, pero decidimos investigar e dentro do invernadoiro as condicións para nacer e medrar son boas.

PLANTAMOS AS PATACAS

Xa plantamos as patacas na nosa horta!

Este ano madrugamos, pero non puidemos resistir a tentación de plantar algo aproveitando o bo tempo. Aínda nos quedou algo de semente polo que non descartamos plantar un anaquiño máis nunhas semaniñas.

Este curso foi 5º o encargado de plantar, polo que as profes axudantes non tiveron que traballar tanto. Ademais de traballar aprendemos moitas cousas sobre este alimento. Agora a esperar que nazan e ter boa colleita. Xa vos iremos contando.

O GRUPO ECOLÓXICO SIGUE TRABALLANDO

O grupo ecolóxico sigue traballando, pero non tanto como se debería, o mal tempo non nos deixa facer todo o que queremos. Os chícharos xa tiñan que estar plantados, pero con tanta chuvia non temos un respiro para facer o traballo. Á volta de vacacións estivemos retirando o vello peche da horta, xa temos un novo mercado, en canto no lo coloquen xa volo amosamos.

EMPEZAMOS COA HORTA

Por fin nos chegaron as aixadas novas e puidemos empezar cos traballos na horta. Solo estivemos estercando e preparando a terra para os nosos cultivos. Como abono estamos usando o compost feito con refugallos orgánicos do noso comedor.

Tamén estivemos limpando de follas a nosa zona de traballo. Pronto plantaremos allos e chicharos na horta, máis tarde as patacas. O invernadoiro xa o temos preparado, e tamén en breve empezaremos a plantar.

TURONIA 2022

E co xa tradicional Turonia de 1º e 2º curso rematamos as actividades do proxecto voz natura deste curso.

Este ano a andaina foi por monte, onde vimos as distintas explotacións que pode ter o monte. Por un lado viñedos e eucaliptos que xeran gaños económicos a curto prazo,pero cun alto prezo a nivel ecolóxico, e, por outro lado, as frondosas, neste caso castiñeiros e carballos, que producen menos riqueza económica a curto prazo, pero que son tan necesarios para ter un planeta mellor.

Como remate de Turonia, nenas e nenos gozaron dunha mañá de xogos na impresionante carballeira de Vilar. Alí exploraron, escavaron, recolleron paos e ata nomearon a un rei…

Para ver tódalas fotos, preme AQUÍ